por admin | May 15, 2019 | noticias
Hola amigos …
Este mércores toca darlle un máis que merecido agradecemento a 2 dos nosos COLABORADORES. No cross temos dous tipos de axudas, as económicas e as que nos ofrecen servizos que nos axudan a aforrar gastos.
Neste caso volvemos a contar una no máis con:
CRUZ ROJA PONTEVEDRA: que nos dotará dunha ambulancia para a seguridade de ese día.
PROTECCIÓN CIVIL BUEU: que nos facilitará a vixiancia nocturna e tamén o control da seguridade para o día da carreira.
Moitísimas Grazas pola vosa axuda!!
por admin | May 10, 2019 | noticias
Como ben sabedes, dende a organización non queremos que veñades soamente a correr e marchedes para casa. Gustaríanos que aproveitásedes o día e desfrutedes do acolledor entorno de Cabo Udra.
Xa vos comentamos en publicacións anteriores da posibilidade de combinar carreira + comida + praia. E a esta proposta queremos sumarlle tamén unha serie de ACTIVIDADES PARALELAS que estarán a vosa disposición ese día:
- ROCÓDROMO (marexada): contará con 4 paredes e diferentes niveis de dificultade.
- GRAFITTIS (marexada): para que os máis pequen@s nos mostren as súas habilidades artísticas.
- TALLERES CHAPAS (marexada): para poder levar un recordo do Cross.
- XOGOS POPULARES (asoc. juan 23): que nos trasladarán a época de antes onde o inxenio estaba por enriba das tecnoloxías actuais.
- ORIENTACIÓN (decathlon): faremos unha búsqueda do tesouro polo entorno da zona.
- PARQUE INFANTIL (ceip. montemogos): espazo reservado os máis cativos con tobogáns, columbios, ….
- ZUMBA (cardiosport bueu): que vos permitirá demostrar esa fantástica coordinación musical que tedes.
Xa non nos colle nada máis, así que máis posibilidades para quedarse a pasar o día non creo que atopedes.
Un saúdo
por admin | Abr 30, 2019 | noticias
Hoxe toca facerlle un máis que merecido recoñecemento a dúas entidades públicas que levan colaborando con nos dende o primeiro ano, e que demostran a súa total implicación sobre o fomento do deporte nun entorno como é o de Cabo Udra.
Por un lado a Comunidade de Montes de Beluso, que a parte de ser un dos patrocinadores oficiais da proba tamén nos autoriza a utilizar os diferentes camiños por onde transcorren as carreiras.
Mención especial merece tamén o Concello de Bueu xa que ten unha implicación enorme a nivel organizativo e loxístico, que nos permite abaratar moitos dos custes derivados do evento.
CONCELLO BUEU (web)
Moitísmas Grazas pola vosa axuda!!
por admin | Abr 27, 2019 | noticias
Cando falamos dunha proba aberta a todo tipo de persoas creemos que é a nosa obriga facilitar tamén a INCLUSIÓN de colectivos que debido a algún tipo de discapacidade se lles reduce notablemente estas posibilidades de facer deporte.
Un ano máis seguiremos contando coa participación da Asociación Juan XXIII que van a estar presentes nas seguintes actividades relacionadas co CROSS:
- CARREIRAS (popular + absoluta): participantes
- ACTIVIDADES PARALELAS (xogos populares): monitores
- TROFEOS CROSS: elaboración
Moitisimas Grazas a Asociación por querer ser parte importante no noso evento e por darnos un exemplo tan grande de constancia e superación.
ASOCIACIÓN JUAN XXIII (web)
por admin | Abr 20, 2019 | noticias
Hola amig@s ….
Hoxe toca presentarvos o AGASALLO que imos entregar o día da carreira @s participantes de carreira ABSOLUTA e POPULAR.
Habitualmente utilizábamos unha mochila, pero este ano toca darlle un pequeno cambio o detalle e apostar por unha CAMISETA que esperemos vos guste tanto como a nós.
Non vos esquencer de elexir a vosa talla cando tramitedes a inscrición.
Saudos
por admin | Abr 16, 2019 | noticias
Hoxe queremos darlle a benvida e o noso enorme agradecemento a dúas empresas que debutan neste proxecto …… CLÍNICA DENTAL S&S e LA CAIXA. Aquí vos deixamos os seus enlaces para que investiguedes un pouco sobre o seu sector e coñecer así o enorme traballo profesional que ofrecen.
https://www.facebook.com/SS-Cl%C3%ADnica-Dental-Dra-%C3%81ngela-S%C3%A1nchez-1610066222571614/
https://www.caixabank.es/
Moitísmas Grazas pola vosa axuda!!