a carreira
O CROSS CABO UDRA
coñece a carreira
O CROSS CABO UDRA
O CROSS CABO UDRA nace coa clara intención de darlle continuidade e recuperar unha proba que se viña realizando dende antano, e que era un dos referentes provinciais a nivel escolar e popular, o CROSS DE BELUSO. Falar do Cross de Beluso é mergullarse nunha montaña rusa de recordos e imaxes que nos trasladan as décadas dos 80´ e 90´ onde tivo o seu maior esplendor.
O tratarse dunha das escasas probas deportivas que se organizaban pola xeografía comarcal o nivel de participación era altísimo. Nenos, nenas, nais, pais, ….. incluso avós e avoas marcaban no seu calendario esta data tan importante e que se encadraba dentro dos actos da Semana Cultural de Beluso. E non nos podemos esquecer dos artífices que facían posible esta loucura …. mestres/as, pais/nais, alumnos/as, así como non entidades públicas e privadas que dunha maneira totalmente altruísta aportaron o seu gran de area a esta iniciativa.
Lamentablemente, e por problemas derivados da seguridade vial, dende o ano 2003 tivo que renunciarse a súa organización. Ante a imposibilidade de poder retomar o evento nas proximidades do centro escolar, a primeira das opcións que valoramos foi o seu trasladalo ó entorno de Cabo Udra, onde os participantes poden desfrutar duns circuítos acordes a este tipo de carreiras e dunhas paisaxes incribles para acompañar a práctica deportiva.
Establecemos a zona de Chans de Esqueiros como o centro neurálxico da nosa organización e dende alí estruturamos e deseñamos os diferentes circuítos que collen as carreiras, e todo o entramado loxístico necesario que dará servizo os máis de 800 atletas/as que xa nos acompañan dende as últimas edicións.
O cambio do entorno, xunto co parón de 13 anos que sufriu o Cross, foron un dos condicionantes que propiciaron un novo nome para a proba: CROSS CABO UDRA. Somos conscientes de que podemos recuperar a esencia do evento pero non apropiarnos do seu nome, xa que eran outras épocas e circunstancias.
O que si que se mantivo foi o carácter aberto e popular que ofrece a proba onde calquera persoa, independentemente do seu sexo e idade pode participar nesta carreira.
Un dos obxectivos claros, a parte da recuperación do cross, foi sempre promocionar o entorno de Cabo Udra, e que os participantes non se limiten unicamente a correr e marchar. Para elo establecemos un conxunto de actividades paralelas e gastronomía para todos aqueles que se queiran quedar e desfrutar dun entorno precioso que conta con ata 4 praias nunha curta marxe de distancia.
E xa por último, e como mencionamos o principio, a participación nas carreiras é aberta e polo tanto tamén é obriga facilitar o seu acceso a persoas con problemas de discapacidade. Nas pasadas edicións xa contamos coa colaboración inestimable da Asociación Juan XXIII (Cangas), que participou con algún dos seus alumnos/as na andaina e na carreira popular, e tamén dinamizaron a zona de actividades paralelas cos seus xogos tradicionais.
¿Tes algunha dúbida?
Preguntas frecuentes
¿os nenos teñen que pagar inscripción?
A inscrición de tódolos nenos/as é totalmente GRATUITA, unicamente teñen que cumprimentar os datos requiridos no momento da inscripción.
¿as actividades paralelas son gratuitas?
Todas e cada unha das actividades son de carácter gratuíto e poden participar delas durante toda a xornada.
¿onde se pode comer?
PENDENTE.
¿Existe servicio de gardarroupa?
A organización pon o sábado, o servizo de tódolos/as participantes da carreira ABSOLUTA e POPULAR, un espazo para que poidan deixar as súas cousas mentres participan nas súas carreiras.
¿onde se pode aparcar?
Temos a disposición de tódolos participantes varios aparcadoiros a escasos metros da zona organizativa. Non obstante sempre recomendamos que vos organicedes para intentar vir no menor número de coches posibles para facilitar un tránsito máis fluído dos vehículos.
¿é necesario calzado de trail?
Non é necesario utilizar zapatillas de trail para esta proba. Inda que o 95% do percorrido transcorre por camiños e sendas, estas non son especialmente técnicas como para precisar de calzado especial.