Como ben sabedes, dende a organización non queremos que veñades soamente a correr e marchedes para casa. Gustaríanos que aproveitásedes o día e desfrutedes do acolledor entorno de Cabo Udra.

Xa vos comentamos en publicacións anteriores da posibilidade de combinar carreira + comida + praia.  E a esta proposta queremos sumarlle tamén unha serie de ACTIVIDADES PARALELAS que estarán a vosa disposición ese día:

  • ROCÓDROMO (marexada): contará con 4 paredes e diferentes niveis de dificultade.
  • GRAFITTIS (marexada): para que os máis pequen@s nos mostren as súas habilidades artísticas.
  • TALLERES CHAPAS (marexada): para poder levar un recordo do Cross.
  • XOGOS POPULARES (asoc. juan 23): que nos trasladarán a época de antes onde o inxenio estaba por enriba das tecnoloxías actuais.
  • ORIENTACIÓN (decathlon): faremos unha búsqueda do tesouro polo entorno da zona.
  • PARQUE INFANTIL (ceip. montemogos): espazo reservado os máis cativos con tobogáns, columbios, ….
  • ZUMBA (cardiosport bueu): que vos permitirá demostrar esa fantástica coordinación musical que tedes.

Xa non nos colle nada máis, así que máis posibilidades para quedarse a pasar o día non creo que atopedes.

Un saúdo