Hoxe toca facerlle un máis que merecido recoñecemento a dúas entidades públicas que levan colaborando con nos dende o primeiro ano, e que demostran a súa total implicación sobre o fomento do deporte nun entorno como é o de Cabo Udra.
Por un lado a Comunidade de Montes de Beluso, que a parte de ser un dos patrocinadores oficiais da proba tamén nos autoriza a utilizar os diferentes camiños por onde transcorren as carreiras.
Mención especial merece tamén o Concello de Bueu xa que ten unha implicación enorme a nivel organizativo e loxístico, que nos permite abaratar moitos dos custes derivados do evento.
Moitísmas Grazas pola vosa axuda!!