por admin | Jun 8, 2019 | noticias
CONCURSO FOTOGRÁFICO – CROSS CABO UDRA
BASES DE PARTICIPACIÓN
O ADFS Bueu convoca o 1º Concurso Fotográfico – Cross Cabo Udra para difundir e premiar a creatividade e técnica na arte da fotografía de persoas afeccionadas e profesionais. Para acceder a información técnica do evento (horarios, carreiras, circuítos, …..) poden visitar a páxina web da proba: https://crosscaboudra.com/
OBXECTIVO
A finalidade deste Concurso é involucrar á cidadanía nas actividades do Cross Cabo Udra, ao tempo que se fomenta a práctica da fotografía como medio de expresión creativa.
DATA
O Concurso celebrarase do Domingo, 16 de xuño (09.30/13.30 h) no entorno de Cabo Udra, e os traballos entregaranse antes do Martes 18 de xuño (antes das 14.00 h) a través do correo electrónico: info@crosscaboudra.com.
TEMÁTICA
Forman parte da temática do Concurso todas aquelas imaxes que conxuguen a natureza do entorno de Cabo Udra coa práctica deportiva que se vai celebrar durante esa mañá.
PARTICIPACIÓN
A convocatoria está aberta á participación de calquera persoa, afeccionada ou profesional, sen límite de idade.
PREMIOS
O gañador/a do concurso recibirá unha INVITACIÓN para 2 persoas para comer ou cear no Restaurante Grellada, en Bueu nun día a concretar entre o premiado/a e a xerencia do restaurante.
CARACTERÍSTICAS DAS FOTOGRAFÍAS
Cada participante poderá presentar un máximo de 3 fotografías, que deberán ser entregadas nun arquivo dixital cunha resolución mínima de 1920x1080px, un máximo de 3mb e en formato JPEG. As persoas participantes deberán escoller un pseudónimo para participar no concurso, neste senso, o nome do arquivo da imaxe seguirá o seguinte patrón: pseudonimo_01.jpg / pseudonimo_02.jpg / pseudonimo_03.jpg
Así mesmo, deberán completarse no formulario todos os datos persoais (nome completo, DNI, teléfono e enderezo electrónico), que non serán revelados ao xurado, e o pseudónimo.
XURADO E FALLO
O xurado estará composto por tres persoas:
– Representante da Organización / Profesional da fotografía / Profesional de deseño.
O concurso resolverase o sábado 22 de xuño, sendo publicados os resultados na páxina web: https://crosscaboudra.com/ así como na súa rede social de Facebook. A entrega de premios efectuarase o domingo 23 de xuño, en horario e lugar a confirmar.
A selección das obras gañadoras será decisión absoluta do xurado e o seu veredicto será definitivo e inapelable.
NORMAS
– As persoas participantes e gañadoras do Concurso son en todo momento as propietarias dos dereitos de autor das fotografías presentadas e premiadas.
– A Organización resérvase o dereito para reproducir total ou parcialmente as fotografías premiadas. Resérvase tamén o dereito á súa publicación e exhibición por todo o mundo e indefinidamente por calquera medio para a difusión e promoción deste Concurso Fotográfico ou seguintes.
– As persoas gañadoras renuncian a reclamar calquera tipo de remuneración á organización polo uso das fotografías premiadas, a condición de que se utilicen para a difusión e promoción deste Concurso Fotográfico ou seguintes.
– A Organización resérvase o dereito a non admitir a concurso as fotografías que non cumpran os requisitos ou que poidan atentar contra a sensibilidade ou dereitos de terceiras persoas.
– A participación neste concurso implica a total aceptación das bases e da decisión do xurado, renunciando a calquera reclamación legal neste sentido.
– A Organización resérvase a facultade de resolver calquera continxencia non prevista nas bases.
– A Organización non se responsabiliza de posibles deterioracións tanto nos arquivos presentados coma nos soportes entregados para a súa descarga.
– A Organización non se responsabiliza das perdas ou danos persoais ou materiais dos concursantes e/ou acompañantes, propios ou de terceiras persoas.
Bueu, a 8 de xuño de 2019
por admin | Jun 3, 2019 | noticias
Ola amig@s …
Outro momento para destacar os nosos patrocinadores, que novamente volven a confiar plenamente no noso proxecto. Ademais, dous dos máis veterans que nos acompañan dende o primeiro día.
DEPUTACIÓN
BANCO MEDIOLANUM
Moitísimas Grazas pola vosa axuda!! Da gusto cumprir anos o voso lado ….
por admin | May 30, 2019 | noticias
Hola tod@s ….
Hoxe estamos de OFERTÓN, xa que os nos@s compañeiros de ADYFA poñen a disposición de tódol@s atletas inscritos no cross dun desconto do 10% en todas as sesións durante o mes de XUÑO, antes e despois do Cross.
Para poder optar a este servizo unicamente vos tendes que poñer en contacto con eles:
- Tfno: 617 413 024 / 625 54 85 52
- Facebook / Instagram: Adyfa Salud Natural
Nin o dudedes que o servizo e inmellorable …..
por admin | May 23, 2019 | noticias
Boas tardes amig@s …
Hoxe toda a nosa atención e agradecemento queremos centralo nos nosos compañeir@s de ADYFA.
Como tódolos anos, e dende a primeira edición, este grupo de profesionais co que tamén colabora o alumnado da Escola Europea Parasanitaria dotan o evento dun excelente servizo de recuperación d@s atletas unha vez reamatadas as súas carreiras.
Para nos é un auténtico privilexio poder contar con eles, polo seu trato e a súa enorme experiencia en probas de recoñecido interés como a Volta a Illa de Ons, a 21k Costa da Vela, o Pedestrismo de Cangas ou a Trail de Cela, entre outras.
Moitísimas Grazas por seguir reservándonos un espazo na vosa axenda.