I Trail do nocedo
27 marzo / 2022 (10.00 h)
Inscricións
DISTANCIAS:
Trail 25 Km (1.200 m d+)
Trailiño 15 Km (600 m d+)
PÁXINA WEB:
Championchip Norte
DATA LÍMITE:
Mércores 23 de marzo (23.59 h)
CUSTE:
Trail – 18€ (ata o 28 febreiro) / 20€ (a partir do 1 marzo).
Trailiño – 14€ (ata o 28 febreiro) / 15€ (a partir do 1 mar).
LOCALIZACIÓN SAÍDA:
Pabellon Municipal de Deportes de Beluso
CONTACTO:
traildonocedo@hotmail.com
Adestramento trail
Información técnica
Guía
Regulamento do Trail
Regulamento
REGULAMENTO – 1º Trail do Nocedo
Artigo 1.- ORGANIZACIÓN
- A Asociación por Beluso (ASBEL), en colaboración coa Comunidade de Montes de Beluso e o Concello de Bueu, organiza o próximo domingo, día 27 de marzo de 2022 a 1ª edición do TRAIL DO NOCEDO, que se celebrará na parroquia de Beluso (Bueu).
Artigo 2.- REGULAMENTO
- A inscrición á proba implica a total aceptación deste regulamento, e que será de estrito cumprimento para todxs os/as participantes do Trail do Nocedo.
- O evento desenrolarase dentro dos protocolos Covid estipulados para esa data.
Artigo 3.- A PROBA
A proba transcorrerá 100% polos montes da parroquia de Beluso, e ofrece dúas posibilidades de participación:
- Trail: 25 km / 1.200 m de desnivel
- Trailiño: 15 km / 600 m de desnivel
- Artigo 4.- PARTICIPACIÓN
- Os/as participantes deberán respectar o medio no que se realiza a proba e manter limpo a contorna da mesma. Para iso deberán comer e beber sen deixar ningún envase fóra dos recipientes habilitados para tal uso. O incumprimento deste punto carrexará a descalificación inmediata do corredor, podendo ser inhabilitado mediante un simple testemuño de calquera membro do equipo organizativo da Carreira.
- Para participar na TRAIL hai que ser maior de idade, e para o TRAILIÑO a idade mínima é de 16 anos cumpridos o mesmo día da proba, non permitindo a participación a ningún atleta con menos da devandita idade.
- Está prohibido ir acompañado doutras persoas que non sexan participantes inscritos na proba.
- O/a participante deberá levar o dorsal facilitado pola organización en todo momento, nun lugar visible non podendo ser recortado, dobrado nin modificado. O incumprimento deste punto, carrexará a descualificación inmediata do corredor.
Artigo 5.- A CARREIRA
O itinerario da carreira será sinalizado con cinta balizadora e señalética específica creada para a proba. O rutómetro da mesma será publicado nas páxinas web oficiais da carreira:
https://crosscaboudra.com/trail-do-nocedo
https://ccnorte.com/evento/detalle/id/2227/i-trail-do-nocedo
Calquera cambio ou modificación no mesmo farase público polos mesmos medios.
O percorrido non estará pechado ao tráfico, polo que os deportistas deberán extremar as precaucións e respectar as indicacións dos corpos de seguridade que alí se atopen.
Durante o transcurso da carreira, os/as participantes deberán facer caso aos membros da
organización da proba en todo momento. O non cumprimento deste punto, implicará a
descualificación inmediata.
A proba estará controlada de modo electrónico mediante o sistema de chip de mylaps. Os/as
participantes deberán portar o chip durante todo o percorrido, situándoo na zapatilla, xa
que no caso contrario, as lecturas dos tempos non se realizarán correctamente.
FORA DE CARREIRA: establécense 2 puntos de control de límite de paso que afectan a proba
da trail. Os/as corredores que non alcancen ese punto nun tempo inferior o establecido
deberán abandonar a proba, sendo a organización a responsable de garantir a súa chegada a
meta.
- Puntos: km 12 + km 17 / Tempo límite: informarase na semana do evento
Artigo 6.- CATEGORÍAS (masc + fem)
- ABSOLUTA
- SÉNIOR
- VETERÁN 40
- VETERÁN 50
- EQUIPOS (soamente na Trail): os equipos teñen que ser de 4 atletas, e poden ser totalmente masculinos, femininos ou mixtos. A clasificación final determinarase en función dos 3 mellores tempos de cada equipo.
- CATEGORÍA ESPECIAL: empadroadxs en Bueu, máis veterán/a, de máis lonxe e club + participantes.
Premios NON acumulables, salvo na categoría de empadroados en Bueu
Artigo 7.- INSCRICIÓN
- Páxina Web: www.championchipnorte.com
- Data límite: martes, 22 de marzo (23.30 h)
- Custe:
Ata o 28 de febreiro: Trail: 18€ / Trailiño: 14€
A partir do 1 de marzo: Trail: 20€ / Trailiño: 15€
Inclúe: dereito de participación, cronometraxe, avituallamento, recuperación, gardaroupa,
duchas, agasallo, seguro médico e de responsabilidade civil.
Outros custos posibles: A proba se cronometrará co sistema de MyLaps, se non se posúe
chip amarelo terase que alugar un cun custo de 1 euro. A entrega de dorsais comunicarase
días antes do evento.
Artigo 8.- AVITUALLAMENTOS
A organización poñerá a disposición de todxs os/as participantes de avituallamentos (con
servizo de botiquín de 1º auxilios) repartidos en todo o percorrido onde poderán fornecerse
de auga, isotónico, comida e froita, ademais doutros produtos postos pola organización.
- Trail: 4 intermedios + 1 final / Trailiño: 1 intermedio + 1 final
Artigo 9.- DEREITOS DE IMAXE
A organización poderá utilizar as imaxes, vídeos e son dxs participantes durante a proba,
incluíndo momentos previos e posteriores, desde a recollida de dorsais, entrega de premios
e traslado dxs participantes, para a promoción e difusión da proba sen ningún límite
temporal para utilizalos.
Artigo 10.- CANCELACIÓNS
En caso de non poder celebrar a proba pola COVID 19, serán devoltas as inscricións o 100%.
Calquera inscrito/a que queira darse de baixa do evento, poderá facelo ata o 13 de marzo
(23.59 h), devolvéndolle o 75% da cuota de inscrición. Pasada esa data, NON se fará efectiva
tal devolución, podendo solicitar á organización un cambio de datos por outro/a participante
ata o dia 22 de marzo.
Artigo 11.- NORMAS AMBIENTAIS
A participación na proba implica o coñecemento e a aceptación destas normas de carácter
especial para co medio ambiente. Unha parte importante da proba desenvólvese no interior
de espazos protexidos que albergan unha flora e unha fauna sensible e vulnerable e na que
os/as participantes deben actuar con coidado e responsabilidade.
Artigo 12.- SEGURIDADE
Seguro de Responsabilidade Civil e de Accidentes: estarán excluídos os derivados dun
padecemento latente, imprudencia, neglixencia, inobservancia das leis,…. Tamén os producidos
polos desprazamentos particulares ata/dende o lugar no que se desenvolve a proba.
Ambulancia
Servizo de Recuperación (masaxistas)
Plan de Emerxencia: Policía Local, Protección Civil e Ambulancia
Artigo 13.- MATERIAL
TRAIL (obrigatorio) / TRAILIÑO (aconsellable)
- Teléfono con carga completa
- Depósito de auga para unha capacidade mínima de 500 ml
- Manta térmica para calquera imprevisto durante a proba
Información Xeral
- Poderán participar as persoas que o desexen, tendo que estar fisicamente ben preparado/a
para a carreira, gozar de boa saúde xeral sen padecer enfermidade, defecto físico ou lesión que
poida agravarse coa súa participación en dita proba. O deportista ASUME que para a realización
da proba é necesaria unha boa condición física, psíquica e deportiva. Os menores de idade
deberán presentar unha autorización da nai, pai ou titor, aprobando a súa participación no
trailiño. - Todo participante, polo feito de inscribirse, ACEPTA AS CONDICIÓNS E REGULAMENTACIÓNS
IMPOSTAS pola organización, polo que libera expresamente á organización ou a calquera outro
patrocinador ou colaborador, ante todo tipo de accidente, lesión ou eventualidade que puidera
xurdir derivada da súa participación na proba, e que non estivese cuberta polo seguro
contratado. - Os atletas deberán estar na liña de saída 5 MINUTOS ANTES DO COMEZO DA CARREIRA e
participarán cos dorsais asignados pola Organización, quedando ben visible a súa publicidade. - Os DORSAIS E CHIPS deberán ser recollidos nos puntos establecidos pola organización, alo
menos 45’ antes do inicio da súa proba. Establecerase un punto de recollida 1 día antes
(pendente concretar sitio). - A organización resérvase o DEREITO a realizar as modificacións que considere necesarias en
función dos diferentes condicionantes, así como a suspensión da proba se as condicións
meteorolóxicas o obrigan ou por forza maior. - A organización NON SE FARÁ RESPONSABLE dos obxectos de valor extraviados polos
corredores. - Todo o que non apareza reflectido neste Regulamento se rexerá pola normativa a Federación
Internacional de Atletismo (IAAF). A inscrición no 1º Trail do Nocedo implica a TOTAL
ACEPTACIÓN do preceptuado no presente Regulamento.
PATROCINA:
COLABORA: