acción

social

Acción social

A pesar de ser un evento de carácter deportivo, buscamos acompañar a proba con todo tipo de actividades paralelas, sobre todo potenciando aquelas que permitan a inclusión social e a concienciación.

ASOCIACIÓN JUAN XXIII

Xa levamos varias edicións traballando man a man cos nosos amigxs da Asociación Juan XXIII. Estamos encantadísimos de poder contar con elxs ano tras ano, xa que son un exemplo enorme de superación.

Ademais de participar nas carreiras e na andaina, son os encargados de elaborar no seu taller de carpintería todos os trofeos que se reparten na entrega de premios. Tamén son os responsables do control da zona de xogos populares, onde os máis cativxs se divirten cos xogos de antano, que por certo, tamén os elaboraron eles mesmos.

En resumo, todo un luxo poder contar con elxs.

COLECTIVOS SOCIAIS

Tamén queremos potenciar a visibilización das asociacións que dedican os seus recursos a mellorar as condicións de saúde dos nenos que sofren algún tipo de enfermidade. Na edición anterior tivemos a inmensa sorte de contar coa Fundación DiabetesCERO, ADICAM, AGAELA, PROTEMORRAZO e AVEMPO, que montaron un posto para a venda dos seus produtos, coa fin de poder sufragar os gastos dos seus proxectos de mellora cara a estas enfermidades.

NOVIDADES

De cara a esta edición, e sempre e cando a COVID o permita, queremos apostar polas actividades de concienciación de cara os máis pequenxs. Estas se organizarán a partir dás 11.00 h, unha vez rematadas as carreiras escolares.

Para elo estamos en contacto coa Protectora de Animais do Morrazo, que ese día se acercarán ata Udra cos seus cans para unha xornada de interacción entre nenxs e animais.

Paralelamente organizaremos tamén unha limpeza na praia de Ancoradoruo, que é unha areal a escasos metros da zona de organización. Trátase dun espazo que pola súa situación xeográfica recibe moitos residuos das mareas, polo que teremos seguro labor de abondo durante toda a xornada.

ORGANIZA:

COLABORAN:

INCLUSIÓN SOCIAL:

ORGANIZA:

COLABORAN:

PATROCINAN:

COLABORAN:

INCLUSIÓN SOCIAL: