Servicios

Recuperación
A organización pon a disposición dos/as participantes un servizo de recuperación (ADYFA) para unha vez finalizada a carreira poder recibir unha máis que merecida masaxe.

Duchas
Instalaranse dous módulos de duchas (homes-mulleres) nas inmediacións do circuíto. Asimesmo poremos a vosa disposición o Pavillón de Deportes de Beluso (2 km) para duchas de auga quente.

Aparcamento
Teremos habilitados 2 aparcamentos amplios para poder estacionar os vehículos a escasos metros da zona organizativa.

Gardaroupa
Teremos un espazo habilitado para que poidades deixar as vosas prendas

Actividades paralelas
Teremos un espazo habilitado para os máis pequenos/as con actividades como tirolina, rocódromo, orientación, parque infantil, xogos populares e zumba.

Comida
Ofrecemos a posibilidade de que poidades reservar para comer e poder pasar a tarde a pe de praia.