Servicios
MOI IMPORTANTE
É moi importante a vosa colaboración para evitar sobresaturar a zona. Intentar organizarvos para vir no menor número de vehículos posibles e aparcar nas zonas habilitadas.
A organización dispón de varios aparcadoiros para facilitarvos estacionar os vehículos.
O PLANO DA ESQUERDA É ORIENTATIVO, PÓDENSE PRODUCIR ALGUNHAS MODIFICACIÓNS QUE SE IRÁN ACTUALIZANDO NA WEB.
CÓMO CHEGAR
Cabo Udra

Recuperación
A organización pon o sábado a disposición dxs participantes un servizo de recuperación para unha vez finalizada a carreira poder recibir unha máis que merecida masaxe.

Duchas
Instalaranse dous módulos de duchas (homes-mulleres) nas inmediacións do circuíto.

Aparcadoiros
Teremos habilitados varios aparcadoiros para poder estacionar os vehículos a escasos metros da zona organizativa.

Gardaroupa
Teremos un espazo habilitado o sábado para que poidades deixar as vosas prendas

Actividades paralelas
Teremos un espazo habilitado para os máis pequenos/as con varias actividades paralelas para que poidan desfrutar da xornada.

Comida
Ofrecemos a posibilidade de que poidades reservar para comer e poder pasar a tarde a pe de praia.