acción
social
Acción social
A pesar de ser un evento de carácter deportivo, buscamos acompañar a proba con todo tipo de actividades paralelas, sobre todo potenciando aquelas que permitan a inclusión social e a concienciación.
ASOCIACIÓN JUAN XXIII
Xa levamos varias edicións traballando man a man cos nosos amigxs da Asociación Juan XXIII. Estamos encantadísimos de poder contar con elxs ano tras ano, xa que son un exemplo enorme de superación.
Ademais de participar nas carreiras e na andaina, son os encargados de elaborar no seu taller de carpintería todos os trofeos que se reparten na entrega de premios. Tamén son os responsables do control da zona de xogos populares, onde os máis cativxs se divirten cos xogos de antano, que por certo, tamén os elaboraron eles mesmos.
En resumo, todo un luxo poder contar con elxs.
COLECTIVOS SOCIAIS
Tamén queremos potenciar a visibilización das asociacións que dedican os seus recursos a mellorar as condicións de saúde dos nenos que sofren algún tipo de enfermidade. Na edición anterior tivemos a inmensa sorte de contar coa Fundación DiabetesCERO, ADICAM, AGAELA, PROTEMORRAZO e AVEMPO, que montaron un posto para a venda dos seus produtos, coa fin de poder sufragar os gastos dos seus proxectos de mellora cara a estas enfermidades.