AGRADECEMENTOS – Colaboradores

AGRADECEMENTOS – Colaboradores

Hola amigos …

Este mércores toca darlle un máis que merecido agradecemento a 2 dos nosos COLABORADORES. No cross temos dous tipos de axudas, as económicas e as que nos ofrecen servizos que nos axudan a aforrar gastos.

Neste caso volvemos a contar una no máis con:

CRUZ ROJA PONTEVEDRA: que nos dotará dunha ambulancia para a seguridade de ese día.

PROTECCIÓN CIVIL BUEU: que nos facilitará a vixiancia nocturna e tamén o control da seguridade para o día da carreira.

 

Moitísimas Grazas pola vosa axuda!!

ACTIVIDADES PARALELAS

ACTIVIDADES PARALELAS

Como ben sabedes, dende a organización non queremos que veñades soamente a correr e marchedes para casa. Gustaríanos que aproveitásedes o día e desfrutedes do acolledor entorno de Cabo Udra.

Xa vos comentamos en publicacións anteriores da posibilidade de combinar carreira + comida + praia.  E a esta proposta queremos sumarlle tamén unha serie de ACTIVIDADES PARALELAS que estarán a vosa disposición ese día:

  • ROCÓDROMO (marexada): contará con 4 paredes e diferentes niveis de dificultade.
  • GRAFITTIS (marexada): para que os máis pequen@s nos mostren as súas habilidades artísticas.
  • TALLERES CHAPAS (marexada): para poder levar un recordo do Cross.
  • XOGOS POPULARES (asoc. juan 23): que nos trasladarán a época de antes onde o inxenio estaba por enriba das tecnoloxías actuais.
  • ORIENTACIÓN (decathlon): faremos unha búsqueda do tesouro polo entorno da zona.
  • PARQUE INFANTIL (ceip. montemogos): espazo reservado os máis cativos con tobogáns, columbios, ….
  • ZUMBA (cardiosport bueu): que vos permitirá demostrar esa fantástica coordinación musical que tedes.

Xa non nos colle nada máis, así que máis posibilidades para quedarse a pasar o día non creo que atopedes.

Un saúdo

 

 

AGRADECEMENTOS – Patrocinadores

AGRADECEMENTOS – Patrocinadores

Hoxe toca facerlle un máis que merecido recoñecemento a dúas entidades públicas que levan colaborando con nos dende o primeiro ano, e que demostran a súa total implicación sobre o fomento do deporte nun entorno como é o de Cabo Udra.

Por un lado a Comunidade de Montes de Beluso, que a parte de ser un dos patrocinadores oficiais da proba tamén nos autoriza a utilizar os diferentes camiños por onde transcorren as carreiras.

Mención especial merece tamén o Concello de Bueu xa que ten unha implicación enorme a nivel organizativo e loxístico, que nos permite abaratar moitos dos custes derivados do evento.

CONCELLO BUEU (web)

Moitísmas Grazas pola vosa axuda!!

INCLUSIÓN SOCIAL

INCLUSIÓN SOCIAL

Cando falamos dunha proba aberta a todo tipo de persoas creemos que é a nosa obriga facilitar tamén a INCLUSIÓN de colectivos que debido a algún tipo de discapacidade se lles reduce notablemente estas posibilidades de facer deporte.

Un ano máis seguiremos contando coa participación da Asociación Juan XXIII que van a estar presentes nas seguintes actividades relacionadas co CROSS:

  1. CARREIRAS (popular + absoluta): participantes
  2. ACTIVIDADES PARALELAS (xogos populares): monitores
  3. TROFEOS CROSS: elaboración

Moitisimas Grazas a Asociación por querer ser parte importante no noso evento e por darnos un exemplo tan grande de constancia e superación.

ASOCIACIÓN JUAN XXIII (web)

 

AGASALLO CROSS

AGASALLO CROSS

Hola amig@s ….

Hoxe toca presentarvos o AGASALLO que imos entregar o día da carreira @s participantes de carreira ABSOLUTA e POPULAR.

Habitualmente utilizábamos unha mochila, pero este ano toca darlle un pequeno cambio o detalle e apostar por unha CAMISETA que esperemos vos guste tanto como a nós.

Non vos esquencer de elexir a vosa talla cando tramitedes a inscrición.

Saudos